Halt and Catch Fire [4 temporadas, 2014]:
Por que perder o tempo con ela:
- Retrata distintas épocas da informática.
- Ten certa perspectiva de xénero (cousa pouco habitual na historia da informática).
- A historia dos personaxes é igualmente interesante.
- A narrativa non é lineal, non é un documental ficticio.
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Historia dos PC, do seu software e do seu hardware.
- Innovación empresarial.
Silicon Valley [5 temporadas, en emisión, 2014]:
Por que perder o tempo con ela:
- Comedia con informáticos ;-)
- A importancia dos códecs.
- Funcionamento das star ups.
- Polos seus títulos de crédito, reflicten o cambio vertixinoso da economía dixital.
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Códecs.
- Economía.
Black Mirror [4 temporadas, en emisión, 2014]:
Por que perder o tempo con ela:
- Se só podes ver unha serie ten que ser esta.
- Cada capítulo é independente.
- É un referente mundial da reflexión sobre a Tecnoloxía nas nosas vidas.
- Pode e debe utilizarse en clase (Bacharelato)
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Humanidade vs Tecnoloxía
- Depende do capítulo.
Westworld[2 temporadas, en emisión, 2016]:
Por que perder o tempo con ela:
- A relación humano-robots.
- Ten unha calidade narrativo-visual case igual a Xogo de Tronos.
- A trama engancha.
- É máis real do que parece.
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Robótica.
- Ética.
Real Humans [2 temporadas, 2012]:
Por que perder o tempo con ela:
- É a serie de referencia da relación humano-robot.
- Non é unha serie ianqui, é sueca (iso é algo bó), pero existe remake: Human.
- Pode gustar a quen non lle guste a ciencia ficción.
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Robótica.
- IA.
- Ética.