Geany: IDE de Python

Se non sabes o que é un IDE (Entorno de Desenvolvemento Integrado)  ou un IDLE (Entorno de Aprendizaxe de Desenvolvemento Integrado), mellor ler un pouco, pero ven sendo un programa auxiliar, un bloc de notas mellorado e automatizado, que se emprega para facilitar a escritura e lectura de código. Dende o IDE escribimos, comprobamos erros, compilamos e executamos. A continuación falaremos dos máis comúns:

  • IDLE de Python2 ou Python3, pódese instalar en  Ubuntu e Debian  entrando no centro de software e buscando IDLE Python.
  • Atom, emprégase para traballar con moitos linguaxes de programación, podes descargalo Aquí.
  • Geany , o que nos recomendamos, pois o ser máis lixeiro  pode ser máis axeitado para a maioría dos ordenadores dos institutos públicos de Galicia. Podes consultar como instalalo en calquera versión de GNU Linux AQUÍ. Para Windows e Mac ir á páxina oficial e baixar os executables (que atraso ;-).

O máis importante: cando temos un código é importante primeiro gardalo no formato da linguaxe (en Python será .py) para que automáticamente aplique un código de cores que facilite a lectura e deteción de erros. Se non gardamos non podemos compilar nin executar.

Instruccións para instalar Geany

Para Ubuntu e derivados facemos o seguinte na terminal:

sudo add-apt-repository ppa:geany-dev/ppa

(isto é para telo actualizado via PPA)

sudo apt-get update
sudo apt-get install geany geany-plugins

Despois disto teremos unha icona de Geany ou ben buscamos nos programas instalados e o abrimos:

De momento o que temos é un bloc de notas. Podemos escribir e pouco máis. Pero se gardamos algo escrito ou abrimos un ficheiro cunha extensión recoñecida veremos que edita o texto en cores.

Facemos a proba con este código que calcula o factorial dun número enteiro en Python. Primeiro copiamos e pegamos o texto plano, sen formato:

print("De que número queres calcular o factorial?")
n = int(input())
if n==0:
    print("o factorial de 0 é 1")
else:
    if n<0:
        print("é negativo, non válido")
    else:
        p = 1
        for i in range(1,n+1):
            p = p*i
        print("o factorial de ",n, "é ",p)
proba

Agora imos a Ficheiro: Gardar como... e gardamos un ficheiro factorial.py nun cartafol determinado (non gardes ficheiros no Escritorio ou arderás no inferno dos malos informáticos ;-)

O noso IDE modificou o aspecto visual do código (ollo!: se ao gardar non puxeches o formato despois do nome, a extensión .py, non haberá modificación):

 

Se  pechas  a ventá e abres o ficheiro factorial.py dende Ficheiro: Abrir... . Debería verse igual.

Definir as ordes de compilación

No IDE o ficheiro pode compilarse e/ou executarse. Para nós, principiantes, compilar o ficheiro é un xeito de verficar que non teña erros e que a sintaxe se corresponda coa linguaxe de programación. Ademáis, cando facemos cambios e lle damos a compilar estamos a gardar os cambios (unha vez que teñamos o ficheiro gardado unha primeira vez en formato axeitado).

IMPORTANTE: A primeira vez que instalamos Geany temos que asegurarnos que estamos a traballar con Python 3, que é co que imos traballar nos, e non co Python 2.

Botóns que usamos para Compilar (alternativamente F8)/Executar (alternativamente F5):

botons

Na icona dereita de compilar prememos en Definir as ordes compilación, e onde poña Python (nas lapelas de Compilar i Executar), nós escribimos Python3 (python 3.6 se queremos traballar co python3.6):

Agora podes probar a compilar o ficheiro, e se non da erro (na parte inferior de Geany) podes executar: abrirá a terminal, abrirá Python 3 e executará o programa que pide un número enteiro e devolve o factorial. Se da erro haberá que ler con calma as mensaxes, normalmente serán de sintaxe (syntax error) ou de codificación de caracteres.

No seguinte apartado, Ola mundo!, vas a escribir o primeiro programa e comprobar, de novo, se estás na versión correcta de Python para traballar con AlgoRitmia.

 

Comproba a versión de Python Geany: IDE de Python Ola mundo pitónico! Codificando que é xerundio

PIP: instalar bibliotecas Comentarios PSeInt: pseudocódigo