As catro reglas:
A principios do século XX as nenas e os nenos ían ao colexio unicamente a aprender a ler, escribir e a saber as chamadas catro regras: (sumar, restar, multiplicar e dividir). Unha vez que xa as sabían podían deixar o colexio (e poñerse a traballar duramente, quita esa cara de envexa que te estou a ver!!).
Esas Operacións Aritméticas son tamén comúns nas linguaxes de programación. Nin un minuto imos adicar a explicar en que consisten, pero se queres xogar un pouco e ver a túa velocidade computadora proba estes xogos e reta aos teus colegas.
O que si imos facer é falar dalgunhas operacións moi habituais no mundo da programación:
Módulo
O módulo dunha división e o resto desa operación, por exemplo:
6 mod 3 = 0, pois 6:3 = 2, e sobran 0
6 mod 4 = 2, pois 6:4 = 1 e sobran 2
Exercicio:
1. Indica o valor das seguintes operacións:
- 6 mod 2 =
- 10 mod 3 =
- 10 mod 4 =
- 10 mod 6 =
- 30 mod 4 =
Profe, ti redondeas as notas ou as truncas?
Esta é unha pregunta que deberías facerlle sempre aos teus profes, pois non é o mesmo redondear as notas que truncalas, velaquí a diferenza:
[Scratch: Redondeas ou truncas? ]
O redondeo matemático consiste en quitar os decimais a un número, pero sempre escollendo o número natural máis próximo ao anterior. En xeral, cando o decimal é maior ou igual que 5 sempre redondeamos cara o número seguinte, pero cando o número decimal é menor que 5 sempre redondeamos cara o número anterior. Por exemplo:
Cando as notas se redondean:
Un 4.9 = 5
Un 4.5 =5
Un 4.4 = 4
O truncado das notas é simplemente quitar a parte decimal da nota. Por exemplo:
Cando se truncan as notas:
Un 4.9 = 4
Un 4.5 = 4
Un 4.4 = 4
Exercicio:
2. Indica o valor das seguintes operacións:
- Truncado de 7.5
- Redondeado de 7.6
- Truncado de 9.9
- Redondeado de 9.7
Como contan os ordenadores e os programadores Asignar valores As catro reglas
As comparacións son odiosas A lóxica dos ordenadores Eu concateno, ti concatenas, el concatena... Pase primerio, por favor