Base de datos de temperaturas

Problema
Crear unha base de datos de temperaturas rexistradas  (unha lista que almacena as temperaturas medias dos días), podendo escoller número de datos ao principio, calcular a media e cantos datos superan a media.
Análise
  • Similar ao algoritmo de clasificación, pero cunha lista aberta, escollemos o número de elementos
  • A media é a suma dos datos divididos entre o nº de datos (por si non o lembrabas)
Algoritmo
  • Bucle para para gardar e consultar os datos (neste caso usamos repetir ata en Scratch, con contador inverso dende o número de datos ata 0).
  • Variables: o número de datos (resposta), para gardar os datos, a temperatura media e a o númro de datos superior á media.
  • Listas para gardar os datos subministrados

 

Solución proposta (lembra, non é única):

Diagrama de fluxo (Pseint) Scratch

diagrama

[Scratch: Base de datos de temperatura]

Pseudocódigo (Pseint) Python 3

pseudo

python

 

 

Exercicios:

  1. Simplificar o programa: en Python temos funcións para consultar listas directamente
  2. Facer outras consultas: nº de días con Tª inferior á media
  3. Representar a lista ordenada de maior a menor, ou viceversa

Estruturas secuenciais Estruturas condicionais Estruturas iterativas: Bucles

Fizz Buzz Sumar impares Seleccionar o máximo Clasificación deportiva Base de datos de temperaturas