Arte

Se sorprende ter unha páxina de Arte nunha páxina de algoritmos é que se leva desconectado varias décadas do mundo da arte e da cultura ;-)

Os algoritmos son fundamentais para entender parte da produción musical e plástica de vangarda, e por suposto da música popular dos séculos XX e XXI, coa música electrónica á cabeza (aínda que nos Conservatorios vivan con dous séculos de retraso). A día de hoxe aínda non se ten introducido ningún instrumento electrico ou electrónico - o theremin xa ten un século!- nos estudos oficiais.

Pero non é só a produción guiada e creada directamente por algoritmos o que debemos ver e valorar, senón a produción de obras culturais que contextualizan a Programación e a Informática na nosa época e sociedade. Cancións coma Technologic de Daft Punk din máis que moitos libros sobre quen somos:

E en breve a produción cultural das máquinas poderá ser relevante a ollos humanos. Cando menos temos que saber (para valorar ou non) que hoxe é posible crear cancións, poemas, contos...por parte de algoritmos. Por exemplo,  a famosa canción Daddy's Car, creada por unha IA, que lembra a The Beatles na primeira época. Esta produción non ten por que ser peor que calquera canción comercial de moda (que non están feitas por IAs pero si dun modo totalmente artificial, con moldes predeseñados, feitas para ser consumidas o máis rápido posible)

 

Na parte de Arte falamos das Artes que non son Literatura nin Cine (teñen a súa páxina propia). Dende videoclips ata fractais (como exemplo de produción plástica algorítmica), pasando polo imprescindible grupo Kraftwerk, pioneiros da música electrónica (analóxica) e da robótica aplicada á música.

Precisamente a Robótica é unha parte cada vez máis relacionada coas Artes, a medida que temos máis e mellores robots. Para cando unha película protagonizada por un robot?. Seguro que en breve. De momento podes participar en Teatronika, creando un guión para unha obra de teatro con robot, concurso organizado pola Universidade catalana Pompeu Fabra.

Pode ser unha boa idea para actividades de programación, poñer os robots a bailar ou actuar.

 

Fractal Música xenerativa Procedural Videoclips algorítmicos Kraftwerk