Dende Algoritmia facemos un chamamento ao profesorado de Tecnoloxía, Matemáticas e Informática (e a todo o profesorado en xeral) para reflexionar sobre o problema de xénero na formación tecnolóxica e nas carreiras STEM: sendo as carreiras con máis saída profesional, e sendo as nenas no sistema educativo español as que mellores notas sacan con respecto aos nenos, a súa proporción nestas carreiras é significativamente menor. Do cal debe deducirse que a Sociedade e a Educación teñen un sesgo de xénero que pode de debe correxirse se apostamos por unha sociedade máis xusta e democrática.
Por que as nenas non collen carreiras de Enxeñería ou Informática?. Resumimos, a continuación, un gran artigo da revista Xataka, que ao noso parecer analiza moitos dos aspectos desta pregunta:
- O Planet Money subliñaba que o porcentaxe de mulleres caeu en picado xusto cando (nos anos 80) os ordenadores comezaron a aparecer nas casas e o marketing comezou a orientalos como ferramentas, dándolles un destino masculino.
- Sara Gómez, asesora de la Real Academia de Ingeniería e diretora do proxecto Mujeres e Ingeniería, en El Confidencial:
"En edades tempranas, la mayoría de las niñas aventajan a los niños en todas las materias, incluyendo las matemáticas. Así que la diferencia en sus comportamientos no tiene que ver con la falta de habilidad o los conocimientos adquiridos, sino más bien con la forma de enfrentar los retos".
- Se non hai mestras non hai alumnas, afirma tamén Sara Gómez: a ausencia de referentes femininos. Curiosamente antes dos anos oitenta si aparecían estes referentes (moitos delas con moitísimo máis prestixio que os seus coetáneos masculinos), como Mujeres como Betty Snyder Holberton, Jean Jennings Bartik, Grace Hopper, Betty Snyder Holberton, Frances Bilas Spence, Kathleen McNulty Mauchly Antonelli, Ruth Lichterman Teitelbaum, Marlyn Wescoff Meltzer, Anita Borg... e a coñecidísima Ada Lovelace,primeira programadora da historia.
- Apenas hai premios Nobel científicos de mulleres na actualidade e non por que non haxa candidatas, como resalta a revista Hipertextual
Soamente unha nota positiva nesto das estatísticas: As mulleres que estudan enxeñerías informáticas gradúanse máis rápido que os homes (e por tanto a estatística está inflada de homes que pasan máis anos para rematar a carreira ;)