Preguntas e respostas: Input

Antes en Python :

  • Usamos o comando print
  • Creamos unha variable

Preguntar empregando input

Cando queremos que a persoa usuaria introduza datos nunha variable mediante o teclado teremos que programar do seguinte xeito:

nome_da_variable = input()

Con isto queda gardado o valor na variable en forma de cadea, é dicir como se fose unha palabra. Cando o valor da variable sexa un número co que queiramos facer cálculos teremos que especificalle que efectivamente é un número. Poderemos dicirlle que o número é un enteiro (int) ou un decimal (float).

nome_da_variable = int(input()) #estamos a decir que introducimos un nº enteiro

nome_da_variable = float(input()) #se introducimos un nº real

Se empregamos así o comando input teremos un problema: a persoa usuaria non sabe que dato lle estamos a pedir, así que o que faremos será introducir un texto coas instrucións (sempre entrecomiñado).

Scratch 2.0 Python 3

comando scratch input()

 

nome_da_variable = input()

comando scratch input con pregunta

 

nome_da_variable = input('Cantos anos tes?')

#variante: poderiamos usar primeiro print para preguntar e logo input() a secas

Agora, se queremos ver se temos a resposta gardada, usamos o comando print para amosar os valores da variable en pantalla:

Scratch 2.0 Python 3

input e print

nome_da_variable = input('Cal é o teu nome? ')

print('Ola ', nome_da_variable )

#Fíxate que despois do 'Ola' deixamos un espazo en branco para separar a palabra da resposta

Consello

 

Nos programas de conversa (faremos varios exercicios) unha boa cousa é utilizar o cursor '>' para indicar que estamos a esperar unha resposta. Para iso creamos unha variable, por exemplo chamada cursor, e asignámoslle  o caracter '>'. O programa pode quedar así:

cursor = '> '
 print('cal é o teu nome?')
nome = input(cursor)

 

Exercicios:

  1. Crea un programa que pida o ano de nacemento, o garde nunha variable e conteste: 'Naciches no ano: ' variable
  2. Modifica o programa anterior para que tamén pregunte o nome. Na resposta terá que usar o teu nome e o ano.

Preguntar varias cousas: .format

Cando queremos empregar varias variables podemos utilizar o nome da mesma de xeito normal, pero é mellor utilizar o comando .format , que é, en realidade, un método (unha función interna que ten o Python da que xa falaremos máis adiante) . Con el podemos darlle formato a frases longas, utilizando os valores almacenados en diversas variables. No exemplo anterior podemos escribir así:

resposta = input('Cal é o teu nome? ')

print('Ola {}'.format(resposta))

Cando so empregamos unha variable non compensa, pero cando vaiamos empregar os datos de varias variables é cando ten utilidade:

nome = input('Cal é o teu nome?')

ano = input('En que ano naciches?')

print('Ola {}, vexo que naciches en {}'.format(nome,ano))

En Python 3.6 ou superior podemos utilizar a etiqueta f:

print(f'Ola {nome}, vexo que naciches en {ano}').

En Python 3.5 ou inferior terás que escribilo con .format.

Exercicios:

3. Escribe un programa que che pregunte o teu grupo de música favorito  e a túa película favorita e faga unha frase cos dous datos. Emprega a etiqueta f

4. Crea o seguinte programa en Python (dámoscho nunha imaxe para que non teñas a tentación de copiar e pegar) e fai o seguinte:

 

programa falar

 

  • Trata de predicir como vai actuar
  • Modifica o programa:
    • Cambia as preguntas e os nomes das variables.
    • Crea unha variable nova e aumenta a frase.
  • Modifica o programa empegando o comando f

 

O que sae pola pantalla: print Preguntas e respostas: Input O problema da concorrencia