Para Secundaria e Bacharelato a pregunta é máis ben Por que ensinar CON Python?, pois o que temos que ensinar son competencias básicas, neste caso de programación e pensamento algorítmico.
Aínda así as vantaxes de Python como linguaxe de programación, tanto na ensinanza coma na vida informática real, son múltiples:
- É multiplataforma.
- É libre (a súa licencia é simlar a GPL) e apoia á filosofía open source.
- Ten unha comunidade moi activa.
- É sinxelo, intuitivo, flexibel...: a curva de aprendizaxe é máis curta que noutras linguaxes textuais.
- A lexibilidade do código, moi compacta: require menos liñas de código que outras linguaxes.
- Multiparadigma: entre outros, orientado a obxectos.
- "Battery includes": a cantidade de recursos incluidos no programa (bibliotecas, mal chamadas librerías).
- Uso en/para distintos dispositivos. En especial a Raspberry Pi está fundamentada en Python.
- Moi importante para análise de datos, Big Data e machine learning: o cal quere decir para o futuro inmediato.
Por suposto Python ten desvantaxes, aínda que iso só será importante para programadores experimentados, non para estudantes:
- É lento baixo certos estándares.
- Pode ser pouco seguro.