Videoxogos

Que os videoxogos son Arte ou aportan aprendizaxe significativa xa é un tema superado e aceptado por calquera que teña interés en reflexionar sobre iso. Outro tema é como xestionar ese recurso a nivel didáctico. Aínda queda moito traballo por facer. De momento podemos recomendar videoxogos que teñan unha relación directa coa formación algorítmica.

A nivel xeral temos dous tipos de videoxogos que sempre son interesantes coñecer dende unha perspectiva educativa (logo haberá mellores ou peores opcións):

  • Os de estratexia, xestión de recursos, construción...: xogos tipo Minecraft, SimCity, Poly Bridge...
  • Os de quebracabezas ou toma de decisións secuenciadas: xogos tipo Portal, Limbo... desenvolven a competencia lóxica, orientación espacial, etc. Case todos os videoxogos que non sexan de acción pura teñen quebracabezas.
  • Os serious game: xogos "serios" que pretenden concienciar dun tema social: maltrato, racismo, acoso...

Quen teña dúbida do potencial educativo dos videoxogos pode botar un vistazo ao proxecto eCITY, no que participa  Universidade de Vigo: un videoxogo para a aprendizaxe de enxeñería, baseado en problemas ou retos.


O xogo e a documentación está en galego

Buscaminas [Multiplataforma]:

 

minas

Por que perder o tempo:

  • En serio? o buscaminas?. Pois si, é un xogo que foi pensado para aprender a manexar o rato.
  • E tamén para desenvolver a rapidez de cálculo en Primaria (incluso Secundaria).
  • O normal é que xa o teñas instalado.
  • Unha versión extendida e comercial é Hexcell.

A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

  • Lóxica numérica

Lightbot [online, Android, IOS]:

 

 

minas

Por que perder o tempo:

  • Ideal para practicar e avaliar o potencial programador
  • É apto e recomendable para primaria
  • A versión online gratuita é boa (agás por ser en formato flash)

A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

  • Estruturas de control
  • Sub-rutinas
  • Iteratividade

Portal e Portal 2 [PC, multiplataforma]:

minas

Por que perder o tempo:

  • Parte imprescindible da Historia dos Videoxogos
  • É un xogo de quebracabezas e de plataformas.
  • Foi unha innovación.
  • Ten unha historia narrativa moi interesante, das que fan pensar (algo similar ao filme de Matrix).
  • Podes atopalo moi barato.
  • Existe mods e unha comunidade moi activa.
  • Podes xogar á versión flash online (non é o mesmo, pero é de balde ;-)

A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

  • Historia da Informática
  • Secuenciar
  • Anticipar

Cypher [PC (Windows)]:

cypher

Por que perder o tempo:

  • Quebracabezas sobre criptografía.
  • Aprendes namentres xogas

A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

  • Criptografía

Hacknet [PC]:

minas

Por que perder o tempo:

  • Practicas a simular un hackeo, traballando dende a terminal.
  • Ideal para familiarizarse co traballo textual dende terminal.
  • Aprendes Unix de verdade.
  • Podes atopalo barato en diversas plataformas como GOG ou Steam.

A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

  • Shell, interface do Sistema Operativo
  • Liña de comandos
  • Unix

Evoland 1 e 2 [PC(Windows,Linux)]:

minas

Por que perder o tempo:

  • Polo prezo dun xogo de ordenador (dos baratos) tes condensada a historia visual da evolución gráfica dos videoxogos.
  • Tamén percorres moitos dos videoxogos clásicos.
  • Que nun rato pases de gráficos pixelados de 8 bits a vectoriais é toda unha experiencia.
  • Podes atopalo barato en GOG ou Steam.

A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

  • Gráficos.
  • Historia dos videoxogos.
Licenzas das imaxes

BUSCAMINAS: By KDE Kmines team: [1] (Kmines artwork.) [GPL (http://www.gnu.org/licenses/gpl.html) or GPL (http://www.gnu.org/licenses/gpl.html)], via Wikimedia Commons

LIGHTBOT: ©lightbot.com

PORTAL: ©VALVE CORP

CYPHER: ©Mathew Brown

HACKNET: ©Team Fractal Alligator / Surprise Attack

EVOLAND:©Shiro Games

Videoxogos Xogos de mesa