Non hai nada máis falso, na actualidade, que achacar os avances científicos e tecnolóxicos a figuras individuais, xenios inventores tipo Leonardo da Vinci. É moi probable que gran parte da sociedade pense que os ordenadores inventounos Bill Gates e perfeccionunos Steve Jobs, ou viceversa. Isto da unha visión restrinxida e incorrecta da Ciencia e a Tecnoloxía, cando non falsa, e axuda a difundir un discurso político neoliberal que pretende colocar aos individuos (normalmente homes brancos) como os únicos elementos sociais a ter en conta, obviando ou menospreciando as estruturas sociais ou os colectivos ( o caso das mulleres é o máis paradigmático). Se afirmamos que o marabilloso científico (e por riba diso, gran persoa, con un gran compromiso ético e social) Tin Berners-Lee inventou a internet gráfica, o código HTML, decimos a verdade e recoñecemos a súa autoría. Pero temos que engadir que iso foi no CERN, o principal laboratorio de investigación mundial, gran plataforma de investigación pública, onde unha gran cantidade de investigadores poideron valorar a súa idea e axudar a difundila. Con isto decimos que as grandes achegas necesitan estruturas, normalmente públicas, para comunciarse e mellorarse. Exemplos como este poñen de manifesto que as políticas de certos gobernos, realizadas coa ignorancia de gran parte do seu electorado, de restrinxir a financión pública da investigación supoñen un atraso tecnolóxico a medio prazo.
Pese a ese perigo de falsear a realidade, consideramos que é positivo na educación secundaria dar a coñecer a identidade e obra de certas persoas relevantes no eido a estudar, como axuda ao contexto cultural que debe acompañar a unha formación técnica. Pero tendo sempre diante un enfoque social das súas achegas, pois os seus aportes serían irrelevantes se non están dentro dunha estrutura social favorable á súa difusión. Isto non supón negar que teñan existido grandes xenios como Alan Turing.
Charles Baggage (1791-1871):
Que fixo:
- Primeiro computador mecánico (teórico)
- Máquina diferencial e analítica
- Criptografía
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Hardware (mecánico)
Ada Lovelace (1815-1852):
Que fixo:
- Matemática
- Creadora do primeiro algoritmo
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Estutura algorítmica
Alan Turing (1912-1954):
Que fixo:
- Verdadeiro xenio matemático
- A lóxica teórica dos ordenadores: máquina de Turing
- Test de Turing
- Mártir da homofobia
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Lóxica computacional
- Máquina de Turing
- Test de Turing
- IA
John Von Neumann (1903-1957):
Que fixo:
- Matemática, física, informática...
- Creador do primeiro ordenador electrónico e das bases das ciencias da Computación
- Definiu o bit
- Debería ser igual de famoso que Einstein
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Hardware
- Algoritmia
Hedy Lamarr(1914-2000):
Que fixo:
- Precursora do WI-FI e doutras tecnoloxías da comunicación
- Ao tempo, foi unha famosa actriz do Hollywood clásico
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Protocolos de comunicación
Joan Clarke (1917-1996):
Que fixo:
- Criptoanalista.
- Peza fundamental no hackeo de Enigma, máquina codificadora dos nazis.
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Criptografía
Grace M. Hopper (1906-1992):
Que fixo:
- Programadora, a primeira en programar o Mark I.
- Utilizou o primeiro compilador.
- Peza fundamental no hackeo de Enigma, máquina codificadora dos nazis.
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Programación
- COBOL, linguaxe de alto nivel
Ana Mª Prieto (1942-2018):
Que fixo:
- Probablemente primeira programadora galega
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Programación de máquinas
Margaret Hamilton (n.1936):
Que fixo:
- Científica, matemática, enxeñeira de software
- Escribiu parte importante do código da misión Apolo XI
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Programación de máquinas
Richard Stallman (n.1953):
Que fixo:
- Ciencias da computación.
- Un dos creadores e difunsores do software libre e do GNU.
- FSF (free software foundation).
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Sistema operativo.
- Licenzas.
- Protocolos.
Linus Torvalds (n.1969):
Que fixo:
- Programou o kernel do SO Linux
- Impulsor de GNU-Linux
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Sistema Operativo
- Software libre
Guido van Rossum (n.1956):
Que fixo:
- Creador de Python
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Linguaxes de programación