Pilulas TIC

En épocas de teledocencia...

 

Ante a nova situación provocada polo coronavirus (máis coñecido no mundo maker como escornavirus), abrimos este apartado na nosa páxina web, para publicar  tamén o material que temos creado para axudar tanto ao alumnado como ao profesorado a empregar os medios TIC para facer realidade a docencia en desde casa.

Algo lonxe do obxectivo orixinal da nosa páxina, iniciamos así unha liña de titoriais de axuda para o uso das ferramentas informáticas que nos permiten estar en contacto co noso alumnado.

Pero pensando tamén no noso alumnado, creamos unha serie de titoriais, a medida que nolo demandan, pensando en poder suplir o noso contacto directo nas aulas .

Esperamos que vos sexan de utilidade e que poidades sacarlle proveito.