Antes en Python :
- Instalar/verificar Python3
- Instakar IDE de Python
- Executar programas dende terminal e dende IDE
Esta seción corresponde co Nivel 1 de Python, dos 6 que pretendemos acadar en Algoritmia:
Neste primeiro bloque programamos con comandos básicos: print e input. Podes utilizar este bloque se non tes traballado con Scratch pero faremos refencia seguido a como programaríamos en Scratch, e algunhas veces en pseudocódigo tamén, antes de explicalo en Python.
En Scratch comenzamos intentando programar distintos comportamentos de sprites (monecos): que se movan, que interactuen, que conten algo ou bailen...e con iso imos aprendendo os disitntos comandos e posibilidades que ten o programa. Ademáis, sen decatarnos moito, estamos aprendendo as estruturas de programación básicas.
En Python ou calquera outro linguaxe de programación textual as cousas son un pouco máis abstractas, non é sinxelo programar un moneco (agás que partamos dun programa feito), o que facemos é coller datos de entrada (palabras, números...), aplicarlles operacións secuenciadadas (unhas depois de outra) e obter uns datos que almacenamos e mostramos na pantalla, e que lle chamamos saída. Básicamente o que facemos nun problema de matemáticas normal, agás que traballamos con distintos tipos de datos.
O esquema básico co que traballamos de momento é este:
- Temos datos almacenados (non é obrigatorio) e introducimos outros datos ao executar o programa con INPUT (tampouco é obrigatorio).
- Estes datos teñen unha tipoloxía chamada simple. Poden ser números enteiros, reais, caracteres, cadeas ou valores lóxicos.
- Cada dato está almacenado nunha variable.
- Facemos operacións coas variables.
- Mostramos o resultado nunha pantalla e aseguramos que ese dato de saída está correctamente almacenado nunha variable.
Vexamos o esquema co exemplo simple de solicitar un número. multiplicalo por 2 e mostrar o resultado en pantalla:
A estas alturas, os problemas fundamentais son:
- Aprender a sintaxe básica en Python.
- Diferenciar a tipoloxía de datos.
- Aprender cando é mellor crear unha variable nova para almacenar o resultado dunha operación, ou ben modificar o valor da variable.
A nivel computacional o importante é ter claro que:
- Utilizamos variables para gardar datos.
- As variable poden modificar o seu contido durante a execución do algoritmo (agás que sexan constantes!)
- Podemos utilizar variables para gardar outras variables, por exemplo en cálculos intermedios.
- Os ordenadores pensan en secuencia. Ningún ordenador, a día de hoxe, é capaz de ordenar 3 números se non fai cando menos dúas operacións de comparación (por que?).
Disto último falamos no apartado chamado O problema da concorrencia, que pode ser un atranco importante para os que só teñan programado en Scratch.
O que sae pola pantalla: print Preguntas e respostas: Input O problema da concorrencia