Chamamos datos estruturados a aqueles que forman parte dunha secuencia ordenada de datos. En Scratch só hai un tipo de datos estruturados: as listas, que son os que aparecen aquí. Pero en Python hai moitos máis (tuplas, dicionarios... ) que estudaremos máis adiante.
| Comando/significado | Scratch | Python 3 |
|---|---|---|
| Crear lista baleira |
|
serpes = list() |
| Lista con elementos |
|
serpes = ['pitón', 'víbora', 'anaconda',serpe1] #Poñemos comiñas cando introducimos palabras, para as variables basta o nome da mesma |
| Inserir un elemento nunha posición da lista |
|
serpes.insert (2,'cobra lagarteira') #Inserta un valor desprazando aos outros cara abaixo |
| Cambiar o valor dun ítem por outro novo |
|
serpes [2] = 'cobra lagarteira' |
| Engadir elemento (ítem) ao final da lista |
|
serpes.append('escáncer') #Deste xeito engadimos un elemento novo, non substituímos o último |
| Lonxitude da lista (número de ítems da lista) |
|
len(serpes) |
|
Valor dun ítem da lista |
|
serpes[3] #Será o 4º elemento da lista #En Scratch a lista empeza en 1. En Python a lista empeza en 0. |
| Borrar elemento da lista |
|
del serpes[1] #borra o segundo ítem |
| Está un ítem na lista? |
|
if serpe1 in serpes: #outra opción: if 'pitón' in serpes: |
Ordes Básicas e cadeas Operacións matemáticas Operacións con variables Estruturas de control


