Videoclips algorítmicos

Existe moita produción de videoclips algorítmicos, sendo un tema relacionado coa música xenerativa e a creación artística por procedementos algorítmicos (tamén chamada procedural).

Pero tamén podemos incluir produción musical robótica ou con máquinas mecánicas algorítmicas, como esta Marble Machine (máquina con 2000 canicas):

Unha parte dos videoclips algorítmicos é a que pretende visualizar ou escoitar os datos. Poñemos de exemplo esta escoita do número PI:

Pero tamén podemos e debemos ver e escoitar os algoritmos, en especial para comparar a súa eficacia. Aquí vemos o de Ordenación nunha lista descendente:

Neste outro vídeo temos comparados en 6 minutos 15 algoritmos de ordenación. É moi dificil aprehender esa información en formato textual nese tempo:

A música electrónica (na súas infinitas variantes) é hoxe o modelo dominante na creación musical (ante a ignorancia e indiferencia da maioría da xente, que cren escoitar instrumentos analóxicos en moita música producida en ordenador). Pero houbo unha época, nos anos 90 cando empezou a popularizarse, que producía rexeitamento e moita xente lle negaba a condición de música a algo creado pulsando botóns ou cun ordenador. Sirva este famosísimo videoclip dos anos 90 para lembrar esa época e esa actitude de rexeitamento artístico-tecnolóxico tan humana (Tecnoloxía é calquera cousa que non exista cando somos pequenos! ;-)

 

Fractal Música xenerativa Procedural Videoclips algorítmicos Kraftwerk