Antes en Python:
- Executar programas
- Operadores lóxico-matemáticos
- Variables
- Datos estruturados simples (listas)
Paseniño estamos no Nivel 3 de 6 que podes acadar na páxina de Algoritmia sobre Python:
Se hai un módulo que empregamos moito en Scrtach é o de , no que figuran as estruturas básicas que podemos empregar. En xeral, calquera programa informático pode descompoñerse en tres tipos de estruturas básicas (segundo o teorema da programación estruturada).
Estruturas | Explicación | Exemplos en Scratch |
---|---|---|
Secuencial | A estrutura máis básica, que consiste en escribir ordes unha detrás da outra. |
|
Condicional | Realiza unha ou outras operacións segundo determinadas condicións. | |
Iterativa | Repite un conxunto de ordes, establecendo bucles. |
|
Unha vez coñecidas estas estruturas podemos resolver calquera algoritmo simple. E calquera problema, por moi complexo que sexa, SEMPRE poderá reducirse a unha sucesión de algoritmos simples (vale, logo non é tan sinxelo, pero isto é a teoría).
Estruturas secuenciais Estruturas condicionais Estruturas iterativas: Bucles