Ordenar

A primeira vez que se empregou o termo "computer", foi , segundo o  Oxford English Dictionary, en 1613, nun libro, que ser refería a unha persoa computadora. A finais do século XIX foi cando tornou o seu significado ao que hoxe coñecemos como un dispositivo que é capaz de realizar cálculos aritméticos e lóxicos. Pero algúns idiomas  (o francés, e como copia deste o español e o galego, por exemplo) decidiron rebautizar este dispositivo co nome de "ordenador", pois esta é outra das súas grandes funcións: a de ordenar datos e secuencias de datos segundo unha determinada lóxica. No noso idioma coexisten ambos termos, pudendo denominarse tanto computador como ordenador.

computador en varios idiomas
Fonte: elaboración propia a partir de bandeiras de Pixabay e ordenador de Wikimedia Commons (GNOME Project)

 

Durante estes artigos imos reflexionar sobre os diferentes algoritmos que se empregan para ordenar

Paseniño, paseniño... Algoritmos de ordenación