Antes en Python :
- Variables, operacións con datos simples
- Estruturas de control
- Funcións
Ola, se estás nesta sección entendemos que xa controlas (en Python) os contidos da seción Despois de Scratch e que sabes facer algoritmos de estrutura "simple" en Python (o cal non quere decir que sexan fáciles ;-). Ou sexa estás a piques de comenzar o Nivel 5 de aprendizaxe de Python en AlgoRitmia:
Nesta sección traballamos con Python a secas. Isto non é un curso completo de Python, tan só veremos, coa axuda de exericicios prácticos, certos conceptos e recursos importantes de Python que non teremos utilizado en Scratch e que son necesarios para escribir, ler, copiar e modificar programas de Python xa feitos.
Por algoritmos de estrutura simple entendemos os que utilizan estruturas de control, variables, datos simples, operacións e funcións, habendo dous tipos de funcións, as que creamos nós no algoritmo e as que xa ten Python á nosa disposición, e que chamamos métodos.
Función vs método
De modo sinxelo, un método é unha función que xa ten creada Python e que podemos utilizar en calquera algoritmo. Unha función é a que creamos nós escribindo:
def nome_da_función():
código da función
Tanto ao método coma a función hai que pasarlle parámetros, que son variables que poden almacenar datos, e por iso a un método ou a unha función sempre lle engadimos 2 parénteses, nome_da_función() ou nome_do_método().
Un algoritmo deste estilo funciona co esquema seguinte:
- Temos datos de entrada, ou datos almacenados no algoritmo, e queremos conseguir datos de saída.
- Os datos se almacenan en variables, que poden ser de distintos tipos (cadeas, números enteiros, decimais...) ou incluso estruturas (dato simple, array...).
- O algoritmo executase en orde secuencial (en Scratch en paralelo!).
- Podemos ter ordes secuenciadas a secas, ou ademáis condicionais e bucles. A isto chamamoslle estruturas de control.
- Podemos ter funcións e/ou métodos, que veñen sendo sub-algoritmos, collen datos de entrada e devolven datos de saída, que poden ser do mesmo tipo ou non.
Ata aquí todo perfecto, pero cando os problemas se complican (en cantidade ou calidade de datos) necesitamos máis tipos de datos e máis funcións, e isto complica a estrutura do algoritmo. De entrada imos ter módulos ou bibliotecas (algunhas veces mal chamadas librerías) que van a darnos métodos (funcións) para mellorar o noso algoritmo, ou para facer cousas máis complexas.
Ademáis tamén necesitaremos outro tipo de datos estruturados máis complexos, como as tuplas ou os dicionarios, que permiten almacenar dun xeito máis eficaz os datos. E existen outros (dos que non falaremos de momento en AlgoRitmia): datos estruturados non lineiais, coma os grafos e as árbores.
E aínda poderiamos complicar máis, introducindo a Programación orientada a obxectos, pero diso falamos na páxina Para ler e copiar Python.
O resto das páxinas son para: