Fotogramas

Outra das grandes esquecidas no sistema educativo é a cultura audiovisual. Aínda que presente nos currículos de moitas materias, queda case sempre relegada  en favor doutros contidos. Temos constatado, ademais, que nos últimos anos a cultura audivisual do alumnado vai incluso decrecendo e as súas referencias culturais neste tema soen estar cinguidas ao que aparece en YouTube. Parece, pois, importante dotar ao alumando de referentes culturais neste ámbito e, no noso caso, referentes relacionados co mundo da algoritmia.

Poderiamos caer na tentación de citar soamente filmes, pero nestes últimos anos a produción de series para televisión (e outras canles como Netflix, HBO ou Filmin) está acadando unhas cotas de calidade audiovisial que van máis alá do puro entretemento. Este é o motivo polo que dividamos esta sección en filmes, por unha banda e series por outra.

Non se vai tratar de facer un estudo de cada filme ou serie, tan só indicaremos de cada obra dous aspectos: 

  • Por que paga a pena vela
  • Que algoritmos ou aspectos da cultura algorítmica fan referencia.

Filmes Series