Pensa que tes unha baralla de cartas e tes que ordenalas. O método máis empregado para ordenar unhas cartas será ir carta a carta:
-
Miro a primeira carta.
-
Miro a segunda e a coloco antes ou despois da primeira, segundo sexa menor ou maior.
-
Miro a seguinte e a insiro antes, no medio ou despois das dúas, dependendo do seu valor.
-
Coa seguinte carta farei o mesmo e así sucesivamente con todas as cartas.
A este algoritmo de ordenación soeselle coñecer como ordenación por inserción. No seguinte vídeo verás unha animación deste sistema de ordenación, extraido da páxina Algorithmique / Programmation de Pascal LOEWENGUTH con licenza cc-by.
Proba a empregar este método de ordenación empregando o noso xogo de balanza:
[Scratch: Ordena as bolas de menor a maior peso]
Ordenación dunha baralla de cartas Ordenación burbulla Ordenación batedora