Podcast

Xunto coa banda deseñada outro esquecido cultural nos IES é a radio e os podcast. E ao igual que coa banda deseñada, vivimos nunha época de explosión creativa na radio dixital por internet (moito menos na radio comercial convencional), con inmensa cantidade de programas facilemente escoitables nos móbiles, tablets ou ordenadores.

E por suposto non faltan os relacionados coa Tecnoloxía e a Programación.

Efervesciencia (CRTVG)

É o mellor e único programa de ciencia na Radio Galega, o cal da un pouco a medida da situación catastrófica no que se atopa o noso idioma e os medios de comunicación pública. Un programa que vai transitando por gran cantidade de contidos científicos, cunha gran calidade e interés. Os domingos ás 3 da tarde en directo, e online na páxina web ou servizos como IVOOX.

 

Fallo de sistema (Radio 3)

Un magnífico programa para aficionados á Tecnoloxía, Ciencia, Ciencia-Ficción, cómics e videoxogos. Os contidos sobre robótica son moi habituais.

 

Carne cruda (ONLINE)

Este programa ten sido unha revolución na radio profesional de calidade, por ser a primeira en financiarse colectivamente e renunciar a depender da publicidade.

En colaboración con Hoja de Router, sección de tecnoloxía de eldiario.es, teñen periodicamente contidos de Ciencia e Tecnoloxía.

 

IVOOX: Unha APP para ter todos os Podcast

O Youtube dos podcast é IVOOX, unha web e app para poder seguir os nosos programas preferidos, tanto por descarga como por escoita online.