Ordenación batedora

Tamén chamado ordenamento burbulla bidireccional, “shaker” ou “cóctel”. É unha mellora do método burbulla. Se te fixas no anterior método os número moi grandes móvense rápido ata o final da lista (son lebres), mentres que os máis pequenos son tartarugas, móvense moi lentos.

números lebre e números tartaruga
No ordenamento burbulla os números baixos móvense moi lentamente, os números altos rapidamenta pasan á súa posición

 

O método consiste en que unha vez remata a primeira quenda de comparacións, en lugar de volver empezar polo principio, comezamos a comparación polo final:

 

As instrucións serían así:

  • Comparo o primeiro elemento e o segundo e os ordeno.

  • Comparo o segundo elemento e o terceiro e os ordeno,

  • Comparo o terceiro elemento e o cuarto e os ordeno

  • Repito ata chegar ao último elemento.

(ata aquí igual que o burbulla)

  • Comparo o último número e o penúltimo e os ordeno

  • Comparo o penúltimo e o anterior e os ordeno

  • Repito o proceso ata chegar ao primeiro número

  • Comezo de novo a comparar entre o primeiro e o segundo...

 

No seguinte vídeo verás unha animación deste sistema de ordenación, extraido da páxina Algorithmique / Programmation de Pascal LOEWENGUTH  con licenza cc-by.

 

 

Practica este algoritmo co xogo da balanza ou cunha baralla de cartas.

[Scratch: Ordena as bolas de menor a maior peso]

 

 

Ordenación dunha baralla de cartas Ordenación burbulla Ordenación batedora

Ordenación gnomo Ordenación rápida: quicksort