Codificando que é xerundio

Un dos problemas habituais cando comezamos con Python, en especial se copiamos/modificamos programas xa feitos, ten que ver coa codificación de caracteres, por exemplo coas 'ñ' e  as tiles. É habitual ver na mensaxe de erro ...codec can't encodec...

De entrada é mellor saber o que é UNICODE e UTF-8 pero resumindo un pouco decir que, en contra do que explican moitos libros de texto), os nosos ordenadores modernos non utilizan o código ASCII senón que teñen distintos conxuntos de caracteres para poder visualizar páxinas  e programas de diferentes linguas. O formato de referencia a día de hoxe ven sendo UTF-8, e cando teñamos problema ao respecto en Python é por que estamos a usar unha codificación diferente, e temos que asegurarnos que Python codifica en UTF-8.

Podemos resolvelo de varios xeitos:

  • Dende o propio programa (na versión de Python 2 isto era case obrigatorio: na 3 non é necesario, agás que teñamos problemas ao respecto):

Engadimos a seguinte liña ao principio do programa:

-*- coding: utf-8 -*-

Con isto Python xa sabe que ten que codificar en UTF-8 e que poden aparecer cousas coma 'ñ'.

  • Dende Geany:

Temos a opción de recargar o ficheiro codificado en UTF-8. Imos a Ficheiro:Recargar como:Unicode:Unicode(UTF-8)

 

Comproba a versión de Python Geany: IDE de Python Ola mundo pitónico! Codificando que é xerundio

PIP: instalar bibliotecas Comentarios PSeInt: pseudocódigo