Minecraft Pi

Unha opción moi interesante en Secundaria para aprender/traballar con Python é utilizar as Raspberry Pi proporcionadas pola Consellería (máis as que podamos comprar no centro, que con só 2 non imos moi lonxe ;-)

A Raspberry Pi pode ser unha ferramenta moi interesante nas clases de Tecnoloxía e TIC polas súas posibilidades de uso e a súa filosófía aberta. En especial, a integración con Python é total, polo que un dos obxectivos concretos de traballar coa Raspberry na clase ha de ser aprender Python.

En concreto unha proposta didáctica moi difundida pasa por utilizar a versión gratuíta do famoso videoxogo Minecraft, Minecraft Pi, e programar sobre el como contorna de traballo con Python.

Nestes intres temos moitos libros e webs desenvolvendo esta posibilidade de traballo. Aquí non imos desenvolver esta posibilidade (agardamos ter outra licencia para facelo ;-) .


Programando en Python para interactuar con Minecraft