Ola mundo pitónico!

O primeiro programa de calquera linguaxe de programación textual adoita ser Ola mundo!

Aquí temos 3 opcións para executalo: dende a terminal, directamente  en Python; no IDE ou online.

1. Na terminal, directamente dende Python:

Abre a terminal, entra en Python 3 ou 3.6 escribindo python3 e escribe o teu primeiro programa: print('Ola mundo')

(valen tanto comiñas simples '  coma dobres " )

Se todo vai ben executará o programa, pero deste xeito non poderás gardar o programa, para iso terás que facelo da seguinte maneira:

  • Abre un bloc de notas ou calquera editor de texto.
  • Escribe o programa.
  • Garda o documento co nome saudo.py, verificando o cartafol.
  • Entra na terminal e móvete ata o directorio onde estea gardado o ficheiro (se non sabes moverte polos cartafoles, podes usar o comando cd; averigua como).
  • Unha vez alí escribe python3 saudo.py e verás que se executa o programa despois de abrir Python 3.

2. Dende Geany:

No apartado anterior explicamos como instalar e configurar Geany agora soamente terás que seguir os pasos:

  • Abre o programa
  • Escribe o código e garda co nome que queiras poñendo a extensión .py
  • Verifica que o código aparece en cores.
  • Compila e verfica que non da error (este apartado podes saltalo se queres).
  • Executa (cada vez que fagas cambios e executes o propio Geany vai gardar antes eses cambios).
  • Realiza un novo programa, pero coa frase "Ola mundo pitónico" (o esencial é a til de pitónico). Se executando o programa te da erro, volve as instrucións de Definir as ordes de compilación

3. Online:

Podes probar o mesmo no editor online que usamos en AlgoRitmia: Repl.it. Escribe o programa e dalle a Enter, é o mesmo que na terminal:

 

Comezo

Comproba a versión de Python Geany: IDE de Python Ola mundo pitónico! Codificando que é xerundio

PIP: instalar bibliotecas Comentarios PSeInt: pseudocódigo