Ferramentas recomendadas

No apartado de Cultura Algorítmica tes unha escolma de obras recomendadas para calquera interesado nos Algoritmos: libros, películas, xogos...Neste apartado son recomendacións para o profesorado ou persoas que vaian traballar coa Programación.

Webs:

  • Código Octopus: material para aprender Scratch.
  • Khan Academy:  páxina de referencia mundial de cursos online interactivos gratuitos e sen publicidade. Gran cantidade de recursos en inglés e castelán.
  • tecnoloxia.org: a mellor páxina de recursos para o profesorado de Tecnoloxía en galego. Con sección de Arduino, Impresora 3D...
  • APETEGA: Asociación de profesorado de Tecnoloxía de Galicia, imprescindible para calquera profe galego da materia estar asociado e compartir recursos, xornadas de formación...

Apps de programación (para Android):

  • Qpython3: para repasar Python no móbil.
  • Algorithms: visualización de algoritmos.
  • Dragon Box: extraordinaria aplicación para entender o concepto de ecuacións e estudar álxebra (a partir de 8 anos)
  • Grid of bits: repasar código binario (recomendada por Tucho Méndez)
  • FlippyBit: repasar código hexadecimal (recomendada por Tucho Méndez)

Libros de programación:

  • Fundamentos de programación. Luis Joyanes. Ed. Mc Graw-Hill: manual universitario que pode ser un referente para estudar algoritmos.
  • Fundamentos de programación. Libro de problemas.Luis Joyanes. Ed. Mc Graw-Hill: o complemento do anterior.
  • Python 3. Zed A. Shaw. Ed. Anaya Multimedia,  un exhaustivo libro para picar código, moi útil como libro de consulta.
  • Aventuras en Minecraft, MARTIN OHANLON,Ed, Oberon (2015) : uso de Python na Raspberry Pi para programar en Minecraft.