Antes en Python:
- Executar programas
- Operadores lóxico-matemáticos
- Variables
- Datos estruturados simples (listas)
- Estruturas de control
Benvida/o ao Nivel 4 de aprendizaxe de Python en AlgoRitmia, e o último no que utilizaremos Scratch como referente:
A medida que queremos resolver problemas máis complexos, que fagan máis cousas ou que utilicen datos máis complexos, é imprescindible utilizar funcións. A verba función ten un significado similar ao que adoitamos empregar nas clases de matemáticas, vexamos o seu comportamento en Python:
Que é unha función?
Unha función é un subalgoritmo que creamos e logo utilizamos (decimos invocar ou chamar) escribindo o seu nome para aforrar tempo (non temos que volver a escribir o código da función). Por exemplo:
Función | Código | Sintaxe | Exemplo | Resultado |
---|---|---|---|---|
dobre (x) | colle un número, multiplícao por 2 e imprime o resultado | dobre(x) = 2·x | dobre(4) | 8 |
Tipos de funcións
- Funcións predeterminadas; en Scratch, calquera dos bloques que usamos; en Python son métodos.
- Funcións creadas por nós para un programa determinado.
- Bibliotecas formadas por métodos, funcións que poden levarse dun programa a outro para aforrar tempo. As bibliotecas son chamadas en Python módulos ou nunha mala tradución do inglés " librerías".
Funcións | Predeterminadas | Creadas | Bibliotecas |
Scratch | |||
---|---|---|---|
Python | round () |
def dobre(x): dobre(4) print (2*x) |
turtle, random, maths |
Sintaxe dunha función
As funcións adoitan ter parámetros, variables que son os datos de entrada da función. Cando modificamos o parámetro, se modifica a saída, o resultado de executar a función. A un parámetro que aínda non ten valor podemos chamarlle argumento:
- Cando escribimos f(x) = 2·x, x é un argumento.
- Cando escribimos f(2) = 4, 2 é un parámetro ou entrada e 4 a saída.
De momento seguiremos a utilizar a palabra parámetro para falar de ambas cousas.
Que as funcións dependan de parámetros é a razón pola que en Python imos identificar unha función escribindo ao seu lado dous parénteses, (). Dentro dos parénteses irán o parámetro ou parámetros. Senón hai parámetro, escribimos () a secas. Exemplo:
- A función saudo() non ten parámetros, se escribimos no programa o código da función, podemos invocala e vaise executar.
- A función saudo_persoal(nome) colle o valor dun parámetro ou variable, o nome, e modifica a súa saída, o valor que devolve, en función deste parámetro.
- A función saudo_multiple (nome1, nome2) colle o valor de dous parámetros (nomes en este caso) e modifica a súa saída.
Importante
En Python temos que crear a función antes de poder chamala ou invocala (ver o problema da concorrencia). Ou sexa, escribimos o código da función na parte de arriba do programa, e na parte de abaixo podemos utilizar a función.
Cando avancemos en Python veremos que podemos utilizar funcións con outra sintaxe máis compacta, pero máis complexa. Nese caso falaremos de métodos.
Exercicios:
- Copia o código da función saudar e da función saudo_persoal. Chama ás dúas funcións para ver a saída.
- Crea a función con dous parámetros que saúde a dúas persoas.
- Crea novas funcións sen parámetros (exemplo: unha función que xenere unha mensaxe de desculpa por non poder atendelos).
- Crea novas funcións con un parámetro (exemplo: unha función que se introduces os anos che devolva os segundos que transcorreron).
- Crea unha función con dous parámetros (exemplo: unha función que se lle introduces as horas e os minutos che devolva os segundos).
Binarizar e outras conversións Ordena e funcionará Máis orde Que ordene Python