Os xogos de mesa están sendo progresivamente unha ferramenta didáctica imprescindible, a medida que o profesorado se vai decatando do seu potencial para ensinar xogando e xogar ensinando. Haberá un montón de variantes como os escape room ou as clases ludificadas, pero aquí queremos falar e recomendar o xogo de mesa tradicional, que nas últimas décadas ten sufrido unha explosión nuclear de creatividade e diversidade. Na nosa sección xogar poderás consultar outros tipos de xogos de mesa non comerciais moi interesantes.
O obxectivo do xogo de mesa non é o ensino de contidos teóricos (aínda que pode habelos, como Code Master para Programación), senón o desenvolvemento das competencias clave (iso que esixen as diversas leis educativas que se traballe e avalíe na clase): lóxica, estratexia, toma de decisións, xestión de recursos, competencia lingüística...e por riba de todo a socialización que procura a actividade reglada en grupo. Só por isto último merece a pena adicar tempo aos xogos de mesa con respecto a outras ferramentas didácticas.
Todos os xogos de mesa permiten traballar (e avaliar) a intelixencia emocional, competencia clave para o bó desenvolvimento académico (e para a vida en xeral). Aquí só falaremos dos que poidan ter unha relación máis directa coa aprendizaxe da Programación, pero en realidade a principal recomendación que facemos é que se xogue a calquera xogo de mesa.
Code Master [Thinkfun]:
Por que perder o tempo con el:
- Moi centrado na aprendizaxe de programación.
- Todos os xogos de Thinkfun son interesantes para educación.
- Pode xogar unha persoa soa.
- Interesante como material complementario para clase.
- Instrucións en inglés (PDF), pero o xogo está en castelán tamén.
A que algoritmo fai referencia:
- Estruturas de control básicas.
- Grafos.
Catán [Devir]:
Por que perder o tempo:
- Un clásico moderno dos xogos de mesa, ten múltiple versións.
- Xestión de recursos, capacidade de negociar.
- Non intervén o azar.
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Toma de decisións.