Problema
Introduce o nome de 5 equipos e os seus puntos para que queden almacenadas. Despois queremos que ao consultar o nome dun equipo diga os seus puntos e o posto na clasificación.
Análise
- Non teñen por que ser de fútbol, existen máis deportes no mundo.
- Utilizaremos 2 lista correlativas, aínda que é mellor facelo en Python con un dicionario.
- Está previsto introducir os datos correctamente, do 1º ao 5º.
Algoritmo
- Bucle para (repetir en scratch) para gardar e consultar os datos.
- Variables: para gardar datos, para consultar unha equipa determinada.
- Listas para gardar os nomes e os puntos, con tamaño predeterminado (5).
Solución proposta (lembra, non é única):
.
Diagrama de fluxo (Pseint) | Scratch |
Pseudocódigo (Pseint) | Python 3 |
Exercicios:
- Modifica o programa para que se poidan engadir outros números de datos.
- Modifica o programa para que se poida escoller o número de datos a introducir.
- Modifica o programa para que unha vez terminado de os datos repita a pregunta sobre clasificación indefinidamente. Se queres cortar o bucle engade un valor centinela (palabra clave que se a escribe corta o bucle) para finalizar.
- Engade consultas complexas: Cales teñen mais puntos que a media.
- Engade consultas complexas: Clasificación inversa (de menor a maior puntos).
- Engade consultas complexas: Citar a clasificación por orde alfabética.
[Repl.it: Clasificación]
Estruturas secuenciais Estruturas condicionais Estruturas iterativas: Bucles