La música de los números primos [Marcus du Sautoy, Ed. Acantilado]:
Por que perder o tempo:
- A busca dunha función/algoritmo xerador de números primos é tremendamente apaixonante.
- É un tema aberto e moi actual.
- Referencia a grandes matemáticos como Gauss.
A que algoritmo fai referencia:
- Factorización dun número.
- Función zeta de Rienman.
Armas de destrucción matemática [Cathy O'Neil, Ed. Capitán Swing]:
Por que perder o tempo:
- O subtítulo: "Cómo el big data aumenta la desigualdad y amenaza la democracia".
- Escrito por unha experta en Matemáticas e Economía, que traballou dentro da "Máquina" especulativa e agora fai denuncia da mesma.
- Fai referencias a múltiples ámbitos sociais e económicos: educación, sanidade, publicidade, democracia, seguros...
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Big Data.
- Privacidade.
- Política.
La búsqueda del algoritmo [Ed Finn, Ed. Alpha Decay]:
Por que perder o tempo:
- Subtítulo: "Imaginación en la era de la informática".
- Como os algoritmos cambian a cultura .
- Un repaso por Netflix, Google ou Spotify.
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- A humanística.
Ojos y espias [Tanya Lloyd Kyi, Ed. Siruela]:
Por que perder o tempo:
- Subtítulo: "Quién nos vigila y por qué".
- Un libro para Secundaria para traballar con adolescentes o (mal) uso das redes sociais.
- Exemplos reais e propostas de solución ou mellora.
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Privacidade.
- Negocio dixital e publicidade.
Big Data [Viktor Mayer - Kenneth Cukier, Ed. Turner]:
Por que perder o tempo:
- Subtítulo: "La revolución de los datos masivos".
- Entender o que está a mover o mundo económico.
- Cando vaias a unha tenda e che pidan só o código postal entenderás por que.
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Big Data.
Aprender con Big Data [Viktor Mayer - Kenneth Cukier, Ed. Turner]:
Por que perder o tempo:
- Unha visión positiva pero crítica da aprendizaxe personalizada na era do Big data.
- Fala de Khan Academy, Coursera, Duolingo e outras plataformas importantes.
- Dos autores do libro Big Data.
- Un ensaio curto, para o profesorado e interesados na pedagóxía práctica e actual.
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Big Data
ROMPECABEZAS [Marçal Mora, Ed. Héroes de papel]:
Por que perder o tempo:
- Subtítulo: "Cinco décadas de videojuegos y puzzles".
- Xogar a resolver puzzles fomenta o pensamento algorítmico.
- 160 reseñas, algún vaiche gustar ;-)
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Puzzles.
Portal o la ciencia del videojuego [Eva Cid, Ed. Héroes de papel]:
Por que perder o tempo:
- Se aínda non xogaches a Portal, deixa isto e vai xogar.
- Se xa xogaches, deixa isto e vai xogar a Portal 2, o mellor videoxogo do mundo.
- Se xa xogaches xa sabes por que tes que ler este libro. Se non xogaches salta á primeira liña.
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Portal é un aspecto en sí mesmo.
- Quebracabezas.
Los nativos digitales no existen [Susana Lluna - Javier Pedreira, Ed. Deusto]:
Por que perder o tempo:
- Subtítulo: "Como educar a tus hijos para un mundo digital".
- Este é o libro que debe ler tanto profesorado e adultos que afirman que "os nenos xa saben moita informática".
- A necesidade de que os nenos e nenas pasen tempo efectivo co ordenador, non coas táblets ou móbiles.
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Educación.
- Uso de interfaces.
En el principio...fue la línea de comandos [Neil Stephenson, Ed. Fabricante de Sueños]:
Por que perder o tempo:
- Pode lerse e baixarse libremente (como case que todo o que publica esta editorial).
- Unha defensa do software libre.
- Un repaso histórico á informática a aos sistemas operativos.
- A metáfora que utiliza comparando os SO con coches é moi boa para contar en clasel.
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Sistema operativo
- Shell
- GUI