Computar

Aos ordenadores tamén os coñecemos como computadores, pois precisamente, computar é unha das súas principais funcións.

Os seres humanos computamos dende hai milleiros de anos.  Outros animais tamén son quen de facelo, algúns cans, monos e corvos  son capaces de contar ata 5, as píntegas quédanse en 2. Pero a capacidade simbólica para representar os números e realizar contas é única das persoas.

Posto que temos dúas mans con 5 dedos o noso sistema de representación numérica máis coñecido é a codificación decimal, é dicir: representar os dez primeiros números do 0 ao 9. A partir de aí combinaremos os números para obter números máis grandes.

Outras das representacións empregadas polos humanos para contar é a división en ducias. Isto é debido a forma antiga de contar nas feiras, que consistía en dividir cada dedo nas tres falanxes e contar co polgar, pudendo contar así 3*4 = 12 números.

Adicamos esta sección a investigar como contan os ordenadores, e cales son as operacións matemáticas básicas que realizan. Finalmente veremos problemas matemáticos famosos que requiren do noso pensamento computacional para seren solucionados.

Como contan os ordenadores e os programadores Asignar valores As catro reglas

As comparacións son odiosas A lóxica dos ordenadores Eu concateno, ti concatenas, el concatena... Pase primerio, por favor