So cunha cullerada de azucre, dicía Mary Poppins , que a aburrida tarefa de ordenar o cuarto se facía máis levadeira. O certo é que a tarefa de ordenar non lle soe gustar a ninguén pois é moi aburrida, xa que consiste nunha sucesión de instrucións repetitivas.
En xeral a única parte de ordenar que nos soe gustar é a máis creativa: a que consiste en decidir cales serán os criterios de ordenación a empregar (as camisetas irán por cores ou por tipo de manga...).
No mundo da programación informática o estudio dos criterios de ordenación e a secuencia que imos empregar para ordenar elementos seguindo ese criterio será un dos temas máis interesantes.
Durante as seguintes páxinas imos mostrarte algúns dos algoritmos máis básicos empregados para ordenar. Podes practicar eses algoritmos probando co seguinte xogo.
Xogo
Tes 10 bolas cun peso descoñecido. Emprega a balanza para ordenar as bolas de menor a maior peso.
[Scratch: Ordena as bolas de menor a maior peso]
Paseniño, paseniño... Algoritmos de ordenación
Ordenación dunha baralla de cartas Ordenación burbulla Ordenación batedora