Esta sección irá medrando co tempo, agardamos que coa participación de máis persoas, pero de momento temos o seguinte:
- Por que ensinar Python despois de ensinar Scratch?
- Consellos básicos para ensinar programación nas escolas e IES.
- Repositorio de problemas algorítmicos clásicos, feitos en pseudocódigo.
- Ferramentas recomendadas: webs, apps...
- Unha posibilidade de traballo en clase para ensinar Python: programar Minecraft coa Raspberry Pi. Isto está sen desenvolver pero pensamos que pode ser moi interesante.
Que é o que falta e que podes aportar a Algoritmia se es profesor/a?.
Pois dunha banda recursos utilizados en clase con Python ou Scratch : ferramentas de avaliación, páxinas con material interesante, novas apps, exercicios e retos motivantes...Tamén teremos que colocar nalgún momento unha sección de linguaxe de etiquetas (HTML + CSS)
Doutra banda proxectos feitos en clase (ou propostos para desenvolver) que utilicen a programación como ferramenta, e que poden ser con diferentes linguaxes de programación.
Se queres colaborar con Proxecto Algoritmia e difundir o teu material didáctico ponte en contacto con nós a traves do mail:
PEREGRINA: peregrina.pintos@gmail.com
DANIEL: tecnocoia@gmail.com