PSeInt: pseudocódigo

PSeInt é un magnífico proxecto de programa libre e de balde para aprender a programar utilizando os recursos do pseudocódigo. Co programa poden facerse algoritmos de complexidade media, incluíndo funcións ou recursividade. A nivel de datos estruturados tan só permite usar matrices (tamén chamados arreglos ou arrays.

PSeInt pode descargarse e executarse automáticamente sen instalar. É multiplataforma e avisa das actualizacións. No menú de axuda ten bastantes exercicios de proba. O formato dos ficheiros é .psc e pode abrirse con calquera editor de texto.

O primeiro é comprobar o perfil lingúístico a utilizar. O mellor é escoller flexible e logo configuralo en función do noso interés (o do interés é relativo á linguaxe de programación que desexemos aprender posteriormente). É importante por exemplo saber se temos que colocar un punto e coma ao final dunha sentenza, ou non, coma en Python.

Unha das avantaxes deste editor é que permite executar o pseudocódigo igual que se tivesemos o código dunha linguaxe. Ten unha terminal asociada. Isto é bó para practicar algoritmos, en concreto os que permiten familiarizarse coas estruturas de control, e coas matrices. Tamén é interesante para iniciarse no uso de funcións coma subprogramas, que usan parámetros/valores subministrados polo programa ou devolven valores ao programa.


Algoritmo que calcula a serie de Fibonacci ata un termo N - Execución do algoritmo

A maiores tamén representa automáticamente o diagrama de fluxo dun código. Dende o noso punto de vista o diagrama de fluxo é útil para repasar un algoritmo que non funcione, pero non cremos que sexa necesario facer exercicios para crear diagramas dende cero coma práctica habitual de aprendizaxe en programación.


Diagrama automático co código anterior

Tamén permite a execución paso a paso. Isto é fundamental cando non entendamos ben a execución secuencial do algoritmo. Por exemplo, co uso de funcións recursivas.

Unha das características importantes de PSeInt é que permite exportar en distintas linguaxes de programación, coma Python, na opción exportar do menú. O único problema é comprobar a versión de Python, e que pode darnos erros de sintaxe. De todos xeitos é unha boa práctica escribir o pseudocódigo, executar, exportar en formato Python e ler o código resultante.

En AlgoRitmia temos unha páxina de recursos para o profesorado de problemas algorítmicos clásicos, coa solución feita en PSeInt.

Comproba a versión de Python Geany: IDE de Python Ola mundo pitónico! Codificando que é xerundio

PIP: instalar bibliotecas Comentarios PSeInt: pseudocódigo