Comproba a versión de Python

Entrando na Terminal ou Liña de comandos (o nome xenérico é shell, e en Ubuntu o nome específico é bash) comprobamos a versión de python2 e python3:

python --version (versión de python2)

python3 --version

Tamén vale escribir python -V ou python3 -V

terminal

Unha vez comprobadas as versións, facemos o seguinte:

  • se escribimos python a secas entraremos na versión por defecto, que seguramente será a 2. Como queremos traballar sempre na 3, escribiremos python3
  • ao entrar en python comprobamos sempre a versión (neste caso de abaixo, a 3.5.2)
  • para sair de python e voltar á terminal prememos Crtl + D, ou pechamos a ventá ;-)
  • Ollo!: cando instalemos o IDE de Python, programa auxiliar, podemos ter problema para executar os programas se non sabemos en que versión de Python estamos a compilar ou executar

python

Agora estamos dentro de Python e podemos executar ordes ou programar, pero normalmente optamos por instalar un IDE e traballar dende alí. Traballar dende a terminal pode ser interesante nos programas básicos (print, input, variables,datos simples...).

Se queres instalar a versión 3.6 de Python (a día de hoxe, a última estable), na terminal facemos:

sudo apt update

sudo apt install python3.6

e logo comprobamos a versión:

python3.6 -V

Ollo!: agora teremos instaladas 2 versións de python 3. Se escribimos python3 na terminal entraremos na que teña por defecto (podemos modificala, pero mellor non facelo). Para entrar en python3.6 escribimos:

python3.6

Comproba a versión de Python Geany: IDE de Python Ola mundo pitónico! Codificando que é xerundio

PIP: instalar bibliotecas Comentarios PSeInt: pseudocódigo