Atopar máquinas que aprendan a procurar información sempre foi un obxectivo perseguido polos seres humanos. Ogallá deseñemos un día unha máquina que rapidamente atope onde deixamos o noso teléfono móbil ou as nosas chaves.
Su otra esposa (Desk Set - Walter Lang 1957) ; Copyright: Warner Bros. Entertainment
Se algunha vez xogaches a Afundir a flota, saberás que un dos xeitos de empezar a atopar cousas é dividir o espazo en seccións. As matemáticas para iso son moi útiles e hai xa moito tempo que se inventou o concepto de coordenadas cartesianas, chamadas así en honor ao matemático e filósofo francés René Descartes (1596).
Reto:
Hai moitos métodos para buscar datos, o mellor deles será sempre o máis rápido. Atréveste a buscar no seguinte xogo cal é a bola menos pesada...facendo soamento dúas pesadas?
[Scratch: Unha bola é máis pesada]
Nesta sección veremos:
- Concepto de coordenadas:
- Xogo con coordenadas
- As coordenadas en Scratch
- Debuxar con coordenadas
- Tipo de buscas empregadas no mundo da programación informática
Buscar por coordenadas Figuras xeométricas mediante coordenadas Tipos de busca