Busca o verme introducindo as coordenadas
Neste xogo deberás introducir as coordenadas onde cres que está o verme. En cantos intentos serás quen de atopar ao verme?
[Scratch: Comer ao verme]
As coordenadas en Scratch
Cando comeces a empregar Scratch precisarás aprender como é o seu sistema de coordenadas: As coordenadas x e y na pantalla de Scratch, varían conforme o seguinte modelo, onde a coordenada (0,0) está no centro da pantalla e o máximo valor das coordenadas é 240 para x e 180 para y.
[Scratch: Coordenadas x e y en Scratch]
Se xa comprendiches como funcionan as coordenadas en Scratch agora poderás xogar a levar a serpe polo labirinto empregando as coordenas:
[Scratch: Labirinto de coordenadas]
Buscar por coordenadas Figuras xeométricas mediante coordenadas Tipos de busca