Se un grupo destaca na relación entre Arte e Tecnoloxía electrónica analóxica e dixital estes son os alemáns Kraftwerk, pioneiros da música electrónica, dos videoclips dixitais e do uso de robots humanoides. Kraftwerk son un referente para moitos artistas e unha parte fundamental da cultura dos séculos XX e XXI.
Só unha canción coma It's more fun to compute xa os fan merecedores de ser (re)coñecidos por calquera estudante de Programación ou Tecnoloxía (si, podes chegar a clase tarareando "É máis divertido calcular" se queres quedar de nerd ;-)
Tamén debemos coñecer o uso dos seus robots en directo, por exemplo na versión en vivo da canción THE ROBOTS:
Por último podemos ver este retro-videoclip (o de retro tamén é pola informática), COMPUTER LOVE:
Fractal Música xenerativa Procedural Videoclips algorítmicos Kraftwerk