Este algoritmo está baseado na técnica de divide e vencerás. É unha das técnicas de ordenación máis eficientes e a que arroxa o mellor resultado na maioría dos casos (cando falamos de ordenación o mellor resultado é aquel conseguido no menor tempo e co mínimo código). O algoritmo funciona do seguinte xeito:
-
Escollo un número da lista ao chou que será o pivote.
-
Recoloco todos os demais elementos da lista a un lado ou a outro segundo sexan menores ou maiores co pivote.
-
Agora o elemento pivote está xa colocado na súa posición definitiva e teño a lista separada en dúas sublistas.
-
En cada sublista aplicarei outra vez a ordenación rápida ata dividila en outras dúas sublistas.
-
E así sucesivamente ata rematar de dividir.
Podes ver o algoritmo en acción no seguinte vídeo, extraído da páxina Algorithmique / Programmation de Pascal LOEWENGUTH con licenza cc-by.
Ordenación dunha baralla de cartas Ordenación burbulla Ordenación batedora