...as estruturas secuenciais
Na base de calquera linguaxe de programación están as estruturas secuenciais, aquelas formadas por un conxunto de instrucións que se suceden unhas a outras. E dicir todos os programas están formados por pasos que hai que seguir ao pe da letra.
Imos intentar pensar secuencialmente, como un ordenador, para iso propoñemos varios xogos:
Primeiro xogo: Segue as instrucións:
Trata de debuxar seguindo ao pé da letra as seguintes instrucións. Cando remates preme na frecha das instrucións para comprobar se o conseguiches:
Segundo xogo: Debuxar unha palabra
Busca unha parella e xoga a dar as instrucións para debuxar unha palabra completa (empeza con palabras moi pequenas).
Atréveste a un debuxo diferente (unha casa, un paraugas, unha árbore sen follas, un robot...)?.
Instrucións para debuxar un robot
Escribe aquí as túas instrucións:
Terceiro xogo: Como adestrar ao teu robot!
Aínda máis difícil: agora terás que programar un robot androide (con forma humana). Podería ser C3PO, podería ser Bender, Arale Norimaki ou incluso Alisa Bosconovich , pero non, desta vez terás que programar á túa parella.
No modelo que podes descargar aquí, verás cales son as ordes que podes empregar. Se te atreves podes propoñer novas ordes.
Como adestrar ao teu robot
Podes programar por exemplo:
- Secuencia para tirar un papel ao lixo.
- Secuencia para mover un lapis a outra mesa.
Ou inventando novos comandos tentar programar :
- Secuencia para un movemento de hip-hop.
- Secuencia para facer o orangután.
Hai comandos que se repiten?, podes empezar a programar con estruturas máis complexas que as secuenciais, as estruturas iterativas:
- Repetir un paso de hip-hop varias veces.
- Borrar un encerado con movementos repetitivos.
Ademais queres que o teu androide non tropece?. Podes incorporar estruturas condicionais:
- Inclúe que se hai un obstáculo pare.
- Inclúe unha palabra máxica que ao pronunciala xire sobre si mesmo...
Referencias:
Estes xogos están baseados en dous moi interesantes traballos que reflexionan sobre os procesos do pensamento computacional sen empregar ordenadores.
DrTechniko, con tradución ao galego de Tucho Méndez