A música xenerativa ven sendo un xeito algorítimico de crear música. A súa proposta inicial e máis coñecida é debida ao inmenso músico Brian Eno, un dos fundadores da ambient music e que empezou a utilizar o termo, a nivel teórico, co seu LP Ambient 4: On Land (1982) (ver a tamén páxina oficial de Generative music, ligada ao final desta páxina).
O proceso inicial é similar a unha música a base de samplers e loops, o cal ven sendo a base de gran parte da música electrónica, o rap e músicas derivadas. Pero haberá unha serie de algoritmos (funcións) estocásticos, que poden modificarse, por exemplo nos seus parámetros, xerando unha música nova e ata certo punto imprevista (sería o equivalente de aporrear o piano ao azar varios millóns de veces e quedarnos coa combinación de notas que resulte interesante).
En calquera caso este proceso é diferente da música electrónica ou da sampleada, pois iso non deixa de ser unha construción manual (con interface dixital, pero manual) da melodia, e neste caso a intervención humana modifica os parámetros de entrada dun ou varios algoritmos que son os que "crean" a música.
O bó da música xenerativa é que podes ter a sensación (real) de CREAR música única por ti mesmo, sen saber de música.
O malo é que esta música adoita ser moi similar a de calquera outro usuario, e no fondo, só grandes xenios coma Brian Eno son quen de facer cousas musicalmente relevantes con estas ferramentas.
A día de hoxe a música xenerativa ten moita presenza nas artes plásticas, e tamén en grande cantidade de videoxogos musicais. Se queres probar a música xenerativa por ti mesmo podes facelo con diversos programas e apps, pero tamén online:
PATATAP: entra aquí e se non te queda claro que é a música xenerativa mellor apaga o ordenador ;-)
RADAR: o mesmo que o anterior pero máis complexo, con posibilidade de notas para os que saiban de música. O código está en GitHub.
PLINK: coma un videoxogo.
Artigo: ¿Qué es la música generativa? (castelán)
Páxina oficial: Generative Music (as apps só para usuarios de Apple :-(
App para Android: Wotja X GP Generative Music Suite
Fractal Música xenerativa Procedural Videoclips algorítmicos Kraftwerk