A día de hoxe (21-05-2018), o que temos de saber de instalar Python podemos resumilo así:
- Instalar Python é coma instalar un programa que ten versións diferentes, e que poden coexistir. En Linux (incluíndo a Raspberry Pi) xa o temos instalado, pero podemos actualizalo, ou instalar ourtra versión ao carón das instaladas.
- Podemos utilizar Python online para non instalar nada e probar o código.
- Existen dúas versións oficiais de Python, Python 2 e Python 3. Pode haber programas que vaian nunha versión e non noutra, en especial os que usen librerías.
- Podemos ter as 2 instaladas pero debemos saber con cal estamos a traballar. A sintaxe varía, en parte, para cada versión.
- Dentro de cada versión existen varias sub-versións. Para nós o máis importante vai ser saber se temos unha versión de Python 3.6 ou inferior.
- En AlgoRitmia facemos todo o código para Python 3, unhas veces para 3.5 e outras para 3.6.
- Unha vez que tes Python o normal é traballar con un IDE ou un IDLE, outro programa que facilita a escritura e lectura do código. Nós usaremos Geany, pero tes outros mellores.
Nesta sección explicaremos o que temos que saber para Ubuntu GNU-Linux, Debian ou similares. Se tes Windows ou Mac podes usar estas ligazóns:
- Wiki-How (castelán): Instalar Python (Windows, Mac, Linux)
- Dive into Python (english): Windows, Mac, Ubuntu Linux
Comproba a versión de Python Geany: IDE de Python Ola mundo pitónico! Codificando que é xerundio