Repositorio de problemas algorítmicos

Aquí deixámosvos unha coleción de problemas para clase, os "típicos" problemas matemáticos de algoritmos. A idea é que vaia crecendo con máis problemas. Ao carón do enunciado está o tipo de algoritmo proposto para resolvelo, pero, lóxicamente, poden facerser de varios xeitos e unha posibilidade de traballo en clase será crear cando menos dúas solucións do mesmo algoritmo, agás os máis sinxelos. Tamén é interesante usar un mesmo problema para ir complicando a estrutura algorítmica. Vexamos un par de exemplos:

  • Calcular o factorial dun número N: pode facerse con bucles (e podemos facelo cos 3 bucles básicos: repetir, namentres e para), con función simple e por recursividade. O mesmo para a serie de Fibonacci ou as táboas de multiplicar.
  • Convertir de binario a dixital: pode facerse con bucles ( e dentro do bucle, por cálculo aritmético ou usando subcadenas) e logo utilizando arrays.

Por último incluímos o ficheiro de solución en pseudocódigo, feito no Pseint. Os ficheiros de PSeInt son texto e poden abrirse con calquera editor de texto unha vez descargados, sen necesidade de ter o programa instalado. No PSeInt podemos modificalos, executalos, crear o diagrama de fluxo, exportar en formato de distinta linguaxes de programación...

Nota: os problemas de cada tipo NON están ordenados por dificultade.

Tipo de algoritmo
Simple. Entrada e saída. Ordenes secuenciadas. Datos simples.
Enunciado Aspecto algorítmico Ficheiro
Intercambiar o valor de dúas variables Secuencial Ficheiro PSeInt (.psc)
Conversor de velocidade; dada unha velocidade en km/h convertila a m/s Secuencial Ficheiro PSeInt (.psc)
     
     
     
     

 

Tipo de algoritmo
Condicionais. Estrutura de control. Simple, aniñada e múltiple (según).
Enunciado Aspecto algorítmico Ficheiro
Dados 2 nº, indica cal é maior Condicional simple Ficheiro PSeInt (.psc)
Dado 3 nº, indica cal é maior Condicional simple Ficheiro PSeInt (.psc)
Día da semana: indica o día segundo o nº introducido Condicional múltiple Ficheiro PSeInt (.psc)
Mercar pan: calcula desconto segundo condicións de compra Condicional aniñado Ficheiro PSeInt (.psc)
Conversor de nota: dada unha nota numérica a convirte en nome Condicional múltiple Ficheiro PSeInt (.psc)
Distinguir par de impar Condicional múltiple, módulo Ficheiro PSeInt (.psc)
Saber se un nº N é fraccionario, ten decimais Condicional simple Ficheiro PSeInt (.psc)

 

Tipo de algoritmo
Bucles. Estrutura de control. Repetir, namentres, para.
Enunciado Aspecto algorítmico Ficheiro
Adivinar un número N menor que 100 en menos de 7 intentos.

Bucle repetir.

Condicional simple

Ficheiro PSeint (.psc)
Sumar os divisores dun nº N Para, módulo Ficheiro PSeint (.psc)
Introducimos 5 nº e devolve o máximo Repetir, condicional Ficheiro PSeint (.psc)
Conta vogais dunha frase Para, condicional múltiple Ficheiro PSeint (.psc)
Conversor decimal a binario Condiciona simple, namentres Ficheiro PSeint (.psc)
Escribe os primos menores a 100 (criba de Eratóstenes) Condicional, bucle aniñado, para, namentres Ficheiro PSeint (.psc)
Factorial de N Para Ficheiro PSeint (.psc)
Factorial de N Repetir Ficheiro PSeint (.psc)
Inverter díxitos de un nº de 2 cifras Repetir Ficheiro PSeint (.psc)
Máximo común divisor de 2 nº. Algoritmo de Euclides Namentres Ficheiro PSeint (.psc)
Saber se N é primo Namentres Ficheiro PSeint (.psc)
Sabr se N é primo Repetir Ficheiro PSeint (.psc)
Sumar os N impares menores que 100 Repetir Ficheiro PSeint (.psc)
Sumar ata N nº, indicado N Namentres Ficheiro PSeint (.psc)

 

Tipo de algoritmo
Datos estruturados: arrays.
Enunciado Aspecto algorítmico Ficheiro
Almacena e ler vector Bucle para, array Ficheiro PSeint (.psc)
Dado un mes, indicar cantos días ten Array Ficheiro PSeint (.psc)
Contar cantas palabras empezan por vogal Para, array Ficheiro PSeint (.psc)
Decimal a hexadecimal array Ficheiro PSeint (.psc)
Inverter array array, para Ficheiro PSeint (.psc)
Táboa de multiplicar almacenada en lista array, para Ficheiro PSeint (.psc)

 

Tipo de algoritmo
Funcións (subproceso). Recursividade. Paso de parámetros.
Enunciado Aspecto algorítmico Ficheiro
Tipos de funcións en PSeInt subproceso Ficheiro PSeint (.psc)
Subraiar un texto calquera subproceso Ficheiro PSeint (.psc)
Potencia de A elevado a N con recursividade subproceso, condicional Ficheiro PSeint (.psc)
Factorial recursivo subproceso, condicional Ficheiro PSeint (.psc)
Escritura satánica (inverter unha frase) subproceso, para Ficheiro PSeint (.psc)
Máximo de 3 nº subproceso