Ordenación gnomo

Inventado separadamente en varias ocasións, foi nomeado así por basearse no método que se emprega nos xardíns holandeses para ordenar por altura os nomos.

Consistiría na seguinte secuencia:

  • Comparo e ordeno os dous primeiros

  • Comparo o segundo co terceiro e os ordeno

  • Antes de pasa ao cuarto, comparo co primeiro e ordeno.

  • Comparo o cuarto co terceiro e ordeno

  • Antes de pasar ao quinto, ordeno os anteriores...

  • E así sucesivamente ata rematar.

No seguinte vídeo verás unha animación deste sistema de ordenación, extraido da páxina Algorithmique / Programmation de Pascal LOEWENGUTH  con licenza cc-by.

 

Proba tamén este algoritmo co xogo da balanza ou cunha baralla de cartas.

[Scratch: Ordena as bolas de menor a maior peso]

 

 

Ordenación dunha baralla de cartas Ordenación burbulla Ordenación batedora

Ordenación gnomo Ordenación rápida: quicksort