Eu concateno, ti concatenas, el concatena...

Detrás dun verbo tan rimbombante hai unha acción do máis normaliña que facemos todos os días: concatenar é unir palabras para formar unha secuencia. Os seres humanos tardamos varios anos da nosa vida en aprender a concatenar palabras. As máquinas, téñeno máis difícil, pois non teñen capacidade de pensamento (ata o de agora). Alá por 1950 Alan Turing propuxo unha proba consistente en facer unha serie de preguntas para detectar se un interlocutor co que estás a falar é unha persoa ou unha máquina. Esta proba aínda non existe na realidade, pero na ficción podemos vela na célebre película Blade Runner (Ridley Scott - 1982) :

 

No seguinte xogo de Scratch podes ver como concatenamos nós as túas respostas:

[Scratch: Concatenas comigo?]

 

Como contan os ordenadores e os programadores Asignar valores As catro reglas

As comparacións son odiosas A lóxica dos ordenadores Eu concateno, ti concatenas, el concatena... Pase primerio, por favor