- Antes en Python :
- métodos (funcións pre-definidas)
- instalar bibliotecas con PIP
Podemos importar módulos/bibliotecas de internet, conxunto de funcións/métodos deseñados, creados e testados para traballos específicos. Dende traballar con imaxes, gráficas, ficheiros HTML ou audio ata crear videoxogos.Parte do traballo de crear programas en Python de complexidade media é buscar e probar as funcións que facilitan o teu traballo que xa teñen creadas outras persoas. Isto é o poder do software libre, o coñecemento compartido, moito máis eficaz que o software privativo (aínda que os nosos gobernantes non se teñan decatado diso). Por exemplo o Minecraft, un dos videoxogos máis famosos do mundo, creouse con PYGLET, unha biblioteca de Python.
Nas páxinas desta seción comentaremos 3 bibliotecas importadas, baixadas de internet previamente:
- Unha para creación de botóns, animacións e xogos básicos: TKINTER
- Outra para creación de gráficas e representación de datos: PYGAL
- E outra para crear videoxogos: PYGAME
Antes de continuar lembrar que en Scratch tamén existe isto das bibliotecas externas que podemos baixar de Internet,e que aumentan as funcionalidades do programa. Temos 3 posibilidades rápidas:
- Unha son as extensións que atopamos no propio programa:
Scratch 2.0: Menú | Scratch 2.0: Extensións actuais para escoller | Scratch 2.0: Biblioteca instalada |
---|---|---|
|
|
|
- Outra, máis interesante, é o proxecto SCRATCHX, no que temos moita extensións (módulos en Python) á nosa disposición, que permiten conectar con Scratch distintos dispositivos de hardware ou de recursos online, coma por exemplo Twitter ou Spotify.
- A última posiblidade é que utilizamos cando programamos nun programa derivado de Scratch, coma por exemplo Mblcok para programar os mbot.
Pygal: gráficas sexys TkInter: xanelas e botóns TkInter 2: debuxar e animar Pygame: videoxogos