Estamos tan afeitos a ver imaxes nunha pantalla que non nos preguntamos como están feitas.
As imaxes dixitais están compostas por pixeles. Cada pixel representa a cor dun único punto da imaxe. Por tanto un pixel é como un pequeno cuadradiño dunha única cor. Cada cor pode ser creada misturando a cantidade axeitada de luz: vermella, verde e azul.
A calidade das imaxes virá determinada polo número de pixeles que conteñan e pola cantidade de información (cor) que conteña cada pixel. Así, por exemplo, a imaxe anterior da cariña ten unha resolución de 25 x 25 pixeles (para calculalo so tes que contar os cadradiños que hai de largo e os cadradiños que hai de alto).
Debuxa o teu nome en pixeles
Para entender mellor este concepto imos practicar a empregar unicamente unha cor, debuxando nunha pantalla de pixeles. Proba a escribir o teu nome na seguinte pantalla de Scratch.
[Scratch: Debuxar pixeles]
Retos:
- Cal é a resolución desta pantalla?
- Como podes codificar o teu nome para que un ordenador sexa quen de reproducir o teu debuxo?
- Proba a debuxar en pixeles con outras resolucións empregando pixelart.
Debuxar liñas mediante coordenadas
Observa os dous debuxos seguintes. En ambos debuxos vemos a mesma liña. A diferenza é que se fas un zoom sobre cada unha delas verás que na primeira os pixeles da imaxe aparecen así que o zoom é moi grande, pero na segunda non.
Algunhas imaxes, en xeral compostas por figuras xeométricas, están deseñadas de tal xeito que aínda que fagas zoom sobre elas seguirás a ver a imaxe perfectamente debuxada. Esto sucede porque a codificación desa imaxe non está dada por pixeles, senón por coordenadas.
Pero...como saben os ordenadores que pixeles deben escurecer para facer unha liña?.
19 | ||||||||||||||||||||
18 | ||||||||||||||||||||
17 | ||||||||||||||||||||
16 | ||||||||||||||||||||
15 | ||||||||||||||||||||
14 | ||||||||||||||||||||
13 | ||||||||||||||||||||
12 | ||||||||||||||||||||
11 | ||||||||||||||||||||
10 | ||||||||||||||||||||
9 | ||||||||||||||||||||
8 | ||||||||||||||||||||
7 | ||||||||||||||||||||
6 | ||||||||||||||||||||
5 | ||||||||||||||||||||
4 | ||||||||||||||||||||
3 | ||||||||||||||||||||
2 | ||||||||||||||||||||
1 | ||||||||||||||||||||
0 | ||||||||||||||||||||
0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
Retos
- Escribe as coordenadas iniciais e finais das anteriores rectas.
- Debuxa na seguinte cuadrícula as liñas rectas que unan as seguintes coordenadas:
- (2,17) a (10,17)
- (18,2) a (18,14)
- (1,5) a (8,12)
[Scratch: Debuxar pixeles con coordenadas
3. Agora unha liña máis difícil: sen empregar unha regra, debuxa unha liña recta que una as dúas ras. Comproba despois cunha regla se está ben feita, é dicir, se a regla pasa por todolos pixeles intermedios.
[Scratch: Debuxar rectas mediante pixeles]